Entradas

Reflexión final individual

Naiara Alborés Cando comezou o cuatrimestre,tiña as expectativas moi altas acerca de esta materia xa que creín que seríame de gran axuda para familiarizarme un pouco máis cas TIC referindonos a educación.E así foi, estou moi contenta cos contidos que se impartiron e parecme que o feito de compaxinar a teoría ca práctica fixo que a materia se fixera máis amena. Aprendín un montón de cousas,entre as que están traballar con blogger ou con Educaplay como programas,pero tamén a nivel persoal dinme de conta de que traballar en equipo cas tecnoloxías foi moi doado e incluso divertido,ca gravación do noso vídeo. Ao fin e o cabo é moi importante incluír as tecnoloxías nas aulas, xa que moitas veces o tradicional non é o mellor,aínda que pensemos que si. Alba Álvarez Pola miña parte o que me gustaría destacar é que grazas a este proxecto puiden familiarizarme con ferramentas que descoñecía para a creación de recursos como poden ser educaplay, ardora, edilim... e deste xeito saber emp...

Proxecto final

Por que escollimos un e-book como proxecto? Gustounos moito a idea de xuntar todos os nosos recursos nun formato que puidera ser realmente empregable na aula, e un libro parecía a maneira máis sinxela e efectiva de plasmar tódalas actividades e ideas dunha forma moi visual e atractiva. Aínda así, tentamos realizar un libro que escapara do convencional con moito texto. Neste caso o texto é algo secundario, as imaxes e os vídeos adoptan un papel máis principal. Tamén engadimos elementos diferenciadores como vídeos e gifs que o alumnado non podería visualizar nun libro tradicional impreso. Gustaríanis sinalar que, aínda que nos plantexamos crear un recurso para usar na pizarra dixital (PDI), votounos para atrás a idea de que na pizarra non se pode traballar en grupo e ademáis o alumnado non podería empregalo na casa. Desta maneira combinamos exercicios individuais, traballo colaborativo e tamén práctica na casa.  E falando das actividades, non todas requiren traballo es...

Webquest

Clicade aquí e poderedes visitar a nosa Webquest! Aclaracións: - Decidimos xuntar a entrada de RECURSOS e PROCESO, xa que dentro do proceso deben leer eses recursos e así parecía máis sinxelo. - O proceso debe realizarse en clase en grupo, pero a tarefa final realízase na casa.

Ferramentas para o recurso dixital

As ferramentas empregadas No noso grupo decidimos empregar diferentes ferramentas para a realización das actividades, xa que non queriamos que todas foran moi similares. Cada un de nós realizou entre 2-4 actividades, e por suposto non desexábamos repetir ideas. As ferramentas que empregamos para realizar as actividades foron:  -  Ardora : Ardora  NON foi empregada finalmente  porque non estivemos conformes coa estética final. Gustounos a posibilidade de engadir sons e imaxes ós xogos, pero o produto final non era nada chamativo ou interesante para os nosos alumnos. (Cómpre dicir que tampoco adicamos moito tempo a profundizar no programa, despois de 3 intentos infructuosos xa decidimos deixalo apartado).  -  Kubbu : é unha ferramenta moi sinxela de empregar e cun produto final moi limpo, ordenado, sinxelo... Ben é certo que a estética non é a máis chamativa (moitas cores ou imaxes) pero dende o noso punto de vista a súa sinxeleza, o organizados qu...

Actividades multimedia

Resumo das nosas actividades multimedia En tódalas nosas actividades empregamos imaxes libres para que o recurso poida ser empregado noutras aulas. Creamo así unha licencia de cultura libre. Alba: Eu fixen dúas actividades en Educaplay, un Kahoot e un mundo virtual. As actividades de Educaplay unha consiste nun texto a completar sobre os Xogos Olímpicos para que memoricen os datos máis relevantes e a outra é unha adiviña sobre un dos deuses máis importantes desta temática. O kahoot penseino como un modo de repaso xeral despois das explicacións da clase xa que hai preguntas reacionadas cos xogos olímpicos da Grecia antiga así como elementos da súa cultura e por último o mundo virtual penseino para que o alumnado entrase e vise de maneira amena algunha cousa de teoría e curiosidades sobre Grecia tamén introducín algunhas actividades de búsqueda para despertar neles/elas o interese na temática. Anahí: Eu fixen as miñas catro actividades en Kubbu. Gustoume moitísimo o formato e ...

O libro

Aquí vos deixamos o noso libro, disfrutadeo!! Amarillo Blanco Negro Lunares Puntos Diario Comida Libro Portada de AlbBeNaAnaJa

Recursos para a aula