Ferramentas para o recurso dixital

As ferramentas empregadas


No noso grupo decidimos empregar diferentes ferramentas para a realización das actividades, xa que non queriamos que todas foran moi similares. Cada un de nós realizou entre 2-4 actividades, e por suposto non desexábamos repetir ideas. As ferramentas que empregamos para realizar as actividades foron: 

Ardora: Ardora NON foi empregada finalmente porque non estivemos conformes coa estética final. Gustounos a posibilidade de engadir sons e imaxes ós xogos, pero o produto final non era nada chamativo ou interesante para os nosos alumnos. (Cómpre dicir que tampoco adicamos moito tempo a profundizar no programa, despois de 3 intentos infructuosos xa decidimos deixalo apartado). 

Kubbu: é unha ferramenta moi sinxela de empregar e cun produto final moi limpo, ordenado, sinxelo... Ben é certo que a estética non é a máis chamativa (moitas cores ou imaxes) pero dende o noso punto de vista a súa sinxeleza, o organizados que quedan os contidos e a facilidade para compartir as actividades paga a pena. Aínda que nós, neste caso compartimos cun enlace as actividades, a aplicación deixa compartir cos alumnos as tarefas dento do propio programa e fai un resumo de estadísticas para o profesor unha vez rematadas (como neste caso non temos alumnos concretos simplemente compartimos o enlace).

Educaplay: A súa maior vantaxe é a sinxeleza na creación de contidos, e unha estética sinxela e atractiva. Pero somos conscientes de que inclúe publicidade e polo tanto no futuro tentaríamos evitala.

Kahoot: é unha ferramenta que permite a creación de preguntas de múltiple opción, o seu funcionamento é sinxelo consiste na elaboración das distintas preguntas de múltiple opción ou verdadeiro e falso, son as opcións gratuítas o resto necesian que se abone unha cuantía,unha vez realizado o "test" publícase e para usalo o alumnado entra na páxina pon un código e xa pode respostar. As preguntas teñen duración e aparecerán na pantalla dixital e os alumnos/as responderán dende os seus dispositivos. Ao final faise un ránking dos tres primeiros/as que mellor responderon.

- Canva: o libro final foi creado con canva. É unha ferramenta moi intuitiva cun poducto final moi limpo e ordenado (se traballas en con ela, por suposto). Puidemos incrustar todos os enlaces sen ningunha complicación e o producto final é un libro moi sinxelo pero cunha estética moi coidada e atractiva. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Webquest

Proxecto final

O Noso Póster