As ferramentas empregadas No noso grupo decidimos empregar diferentes ferramentas para a realización das actividades, xa que non queriamos que todas foran moi similares. Cada un de nós realizou entre 2-4 actividades, e por suposto non desexábamos repetir ideas. As ferramentas que empregamos para realizar as actividades foron: - Ardora : Ardora NON foi empregada finalmente porque non estivemos conformes coa estética final. Gustounos a posibilidade de engadir sons e imaxes ós xogos, pero o produto final non era nada chamativo ou interesante para os nosos alumnos. (Cómpre dicir que tampoco adicamos moito tempo a profundizar no programa, despois de 3 intentos infructuosos xa decidimos deixalo apartado). - Kubbu : é unha ferramenta moi sinxela de empregar e cun produto final moi limpo, ordenado, sinxelo... Ben é certo que a estética non é a máis chamativa (moitas cores ou imaxes) pero dende o noso punto de vista a súa sinxeleza, o organizados qu...