Reflexión final individual

Naiara Alborés

Cando comezou o cuatrimestre,tiña as expectativas moi altas acerca de esta materia xa que creín que seríame de gran axuda para familiarizarme un pouco máis cas TIC referindonos a educación.E así foi, estou moi contenta cos contidos que se impartiron e parecme que o feito de compaxinar a teoría ca práctica fixo que a materia se fixera máis amena. Aprendín un montón de cousas,entre as que están traballar con blogger ou con Educaplay como programas,pero tamén a nivel persoal dinme de conta de que traballar en equipo cas tecnoloxías foi moi doado e incluso divertido,ca gravación do noso vídeo.
Ao fin e o cabo é moi importante incluír as tecnoloxías nas aulas, xa que moitas veces o tradicional non é o mellor,aínda que pensemos que si.


Alba Álvarez
Pola miña parte o que me gustaría destacar é que grazas a este proxecto puiden familiarizarme con ferramentas que descoñecía para a creación de recursos como poden ser educaplay, ardora, edilim... e deste xeito saber empregalas para un futuro desempeño como docente. A verdade é que esta materia pareceume súper práctica xa que a teoría estaba, na súa maioría, enfocada á práctica o cal me gusto moito xa que considero que canto máis práctica sexa unha materia mellor se me quedarán os conceptos. Tamén direi que eu era unha persoa que non defendía moito as tecnoloxías de maneira integral na aula pero este cuadrimestre fíxome cambiar o meu parecer e agora penso que son un recurso moi útil e importante xa que a sociedade vai esixir un dominio das mesmas.



Anahí Barros
O que me gustaría destacar respecto os proxectos do cuatrimestre é que todos teñen características que os farán moi útiles nun futuro có noso alumnado, a materia non é meramente teórica. De feito, durante esta cuarentena puiden axudar a un familiar a contactar cós seus alumnos/as e traballar con eles virtualmente grazas a algúns trucos, programas etc. que aprendimos a empregar en clase. Tamén cómpre mencionar que antes de asisitir a esta clase eu era desas persoas que consideran que o tradicional sempre é mellor na escola xa que o alumnado xa está rodeado de moitas pantallas no seu día a día, pero agora podo entender que as TIC presentan moitísimas vantaxes e os proxectos que as inclúen poden motivar moito aos alumnos/as.



                                           
Beatriz Álvarez
Dende o meu punto de vista, esta materia pareceume moi práctica e útil para o meu futuro como docente, xa que esta profesión vai depender moito das tecnoloxías. Aprendín un montón de cousas que non sabía facer, como crear recursos educativos, e resultoume moi interesante xa que podes realizar as túas propias actividades incluso adaptadas a nenos e nenas con dificultades. Sen dúbida é unha materia esencial que todo profesor/a debe controlar nas súas aulas e que ofrece moita motivación e interactividade aos nenos e nenas.




Javier Carballo

A miña experiencia nesta materia foi moi positiva, consideroa imprescindible para a nosa formación, xa que nos pon en contacto con numerosos recursos que nos axudarán nun futuro no noso traballo como docentes. Ao longo deste cuatrimestre, descubrín moitas novas ferramentas tecnolóxicas para crear actividades online ou para atopar recursos xa deseñados, nos que poder apoiarme a hora de ensinar, para poder facer así as clases moito mais dinámicas e atractivas para o alumnado.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Webquest

Proxecto final

O Noso Póster