Actividades multimedia

Resumo das nosas actividades multimedia

En tódalas nosas actividades empregamos imaxes libres para que o recurso poida ser empregado noutras aulas. Creamo así unha licencia de cultura libre.

Alba: Eu fixen dúas actividades en Educaplay, un Kahoot e un mundo virtual. As actividades de Educaplay unha consiste nun texto a completar sobre os Xogos Olímpicos para que memoricen os datos máis relevantes e a outra é unha adiviña sobre un dos deuses máis importantes desta temática. O kahoot penseino como un modo de repaso xeral despois das explicacións da clase xa que hai preguntas reacionadas cos xogos olímpicos da Grecia antiga así como elementos da súa cultura e por último o mundo virtual penseino para que o alumnado entrase e vise de maneira amena algunha cousa de teoría e curiosidades sobre Grecia tamén introducín algunhas actividades de búsqueda para despertar neles/elas o interese na temática.

Anahí: Eu fixen as miñas catro actividades en Kubbu. Gustoume moitísimo o formato e o resultado restante. Realicei: un dominó sobre vocabulario da Grecia Clásica, un xogo de clasificar inventos dos gregos, un test sobre a Antiga Grecia e os Xogos Olímpicos e, para rematar, unhas viñetas para completar, en inglés, con vocaulario moi sinxelo. Todas as imaxes son libres de dereitos de autor, realizadas por mín, de maneira que os catro xogos poderían compartirse fácilmente cós alumnos, e libres de publicidade.

Naiara: Eu realicen dúas actividades con Educaplay. Un crucigrama sobre os deuses da Antigua Grecia que está pensado para facer despois de ler un texto sobre deuses,ou despois de ver un vídeo e unha sopa de letras de elementos en xeral da cultura grega que faise con moita facilidade sin necesidade de ter porque saber de forma detallada cousas sobre a cultura grega.

Beatriz: Eu fixen as actividades en Educaplay. Gustoume bastante pola facilidade de uso, moi claro e con tutoriais incorporados para facilitar o traballo. Dende un punto de vista crítico, non me gustou a idea de que tivera publicidade, pero ésta, é saudable. As actividades que realicei en Educaplay foron as seguintes: Unha ruleta de palabras da Antiga Grecia, un texto a completar sobre Zeus e un xogo de relacionar nomes con deuses/as ou con seres mitolóxicos.

Javier: Para facer as miñas actividades empreguei a ferramenta Educaplay. Gustoume esta ferramenta porque posúe unha interfaz moi intuitiva, e dentro de cada modalidade de actividade ten unha pequena explicación para servir de guía a hora de crear a actividade. As actividades que creei en Educaplay foron catro: un crucigrama cos nomes dos deportes olímpicos, unha adiviñanza sobre un deus grego, un relaciona de deportes con ferramentas propias deles, e un relaciona de deuses gregos cos seus nomes.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Webquest

Proxecto final

O Noso Póster