Actividades multimedia
Resumo das nosas actividades multimedia En tódalas nosas actividades empregamos imaxes libres para que o recurso poida ser empregado noutras aulas. Creamo así unha licencia de cultura libre. Alba: Eu fixen dúas actividades en Educaplay, un Kahoot e un mundo virtual. As actividades de Educaplay unha consiste nun texto a completar sobre os Xogos Olímpicos para que memoricen os datos máis relevantes e a outra é unha adiviña sobre un dos deuses máis importantes desta temática. O kahoot penseino como un modo de repaso xeral despois das explicacións da clase xa que hai preguntas reacionadas cos xogos olímpicos da Grecia antiga así como elementos da súa cultura e por último o mundo virtual penseino para que o alumnado entrase e vise de maneira amena algunha cousa de teoría e curiosidades sobre Grecia tamén introducín algunhas actividades de búsqueda para despertar neles/elas o interese na temática. Anahí: Eu fixen as miñas catro actividades en Kubbu. Gustoume moitísimo o formato e ...