Proxecto final

Por que escollimos un e-book como proxecto?

Gustounos moito a idea de xuntar todos os nosos recursos nun formato que puidera ser realmente empregable na aula, e un libro parecía a maneira máis sinxela e efectiva de plasmar tódalas actividades e ideas dunha forma moi visual e atractiva.

Aínda así, tentamos realizar un libro que escapara do convencional con moito texto. Neste caso o texto é algo secundario, as imaxes e os vídeos adoptan un papel máis principal. Tamén engadimos elementos diferenciadores como vídeos e gifs que o alumnado non podería visualizar nun libro tradicional impreso.

Gustaríanis sinalar que, aínda que nos plantexamos crear un recurso para usar na pizarra dixital (PDI), votounos para atrás a idea de que na pizarra non se pode traballar en grupo e ademáis o alumnado non podería empregalo na casa. Desta maneira combinamos exercicios individuais, traballo colaborativo e tamén práctica na casa. 

E falando das actividades, non todas requiren traballo escrito, na maioría o alumnado presenta un papel máis activo e constrúe o seu coñecemento a través das "pistas" que lles imos deixando (na WebQuest, na elaboración do vídeo final...)


Tachán... aquí o tedes!
ebook_antiga_grecia de AlbBeNaAnaJa

Comentarios

Entradas populares de este blog

Webquest

O Noso Póster