Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Recursos para a aula

Proxecto final

Por que escollimos un e-book como proxecto? Gustounos moito a idea de xuntar todos os nosos recursos nun formato que puidera ser realmente empregable na aula, e un libro parecía a maneira máis sinxela e efectiva de plasmar tódalas actividades e ideas dunha forma moi visual e atractiva. Aínda así, tentamos realizar un libro que escapara do convencional con moito texto. Neste caso o texto é algo secundario, as imaxes e os vídeos adoptan un papel máis principal. Tamén engadimos elementos diferenciadores como vídeos e gifs que o alumnado non podería visualizar nun libro tradicional impreso. Gustaríanis sinalar que, aínda que nos plantexamos crear un recurso para usar na pizarra dixital (PDI), votounos para atrás a idea de que na pizarra non se pode traballar en grupo e ademáis o alumnado non podería empregalo na casa. Desta maneira combinamos exercicios individuais, traballo colaborativo e tamén práctica na casa.  E falando das actividades, non todas requiren traballo es...

Webquest

Clicade aquí e poderedes visitar a nosa Webquest! Aclaracións: - Decidimos xuntar a entrada de RECURSOS e PROCESO, xa que dentro do proceso deben leer eses recursos e así parecía máis sinxelo. - O proceso debe realizarse en clase en grupo, pero a tarefa final realízase na casa.

Actividades multimedia

Resumo das nosas actividades multimedia En tódalas nosas actividades empregamos imaxes libres para que o recurso poida ser empregado noutras aulas. Creamo así unha licencia de cultura libre. Alba: Eu fixen dúas actividades en Educaplay, un Kahoot e un mundo virtual. As actividades de Educaplay unha consiste nun texto a completar sobre os Xogos Olímpicos para que memoricen os datos máis relevantes e a outra é unha adiviña sobre un dos deuses máis importantes desta temática. O kahoot penseino como un modo de repaso xeral despois das explicacións da clase xa que hai preguntas reacionadas cos xogos olímpicos da Grecia antiga así como elementos da súa cultura e por último o mundo virtual penseino para que o alumnado entrase e vise de maneira amena algunha cousa de teoría e curiosidades sobre Grecia tamén introducín algunhas actividades de búsqueda para despertar neles/elas o interese na temática. Anahí: Eu fixen as miñas catro actividades en Kubbu. Gustoume moitísimo o formato e ...

O libro

Aquí vos deixamos o noso libro, disfrutadeo!! Amarillo Blanco Negro Lunares Puntos Diario Comida Libro Portada de AlbBeNaAnaJa

Reflexión proxecto audiovisual

PROXECTO AUDIOVISUAL:  Curiosidades e lendas da Antiga Grecia QUE É?   Pincha aquí para ver o noso vídeo en YouTube A nosa proposta é un vídeo divulgativo onde explicamos curiosidades e lendas da Antiga Grecia mentres se ilustran con debuxos en timelapse.  O proxecto consistiría en que os debuxos foran realizados polo alumnado, a duración e a dificultade dos mesmos pódese adaptar ás súas aptitudes ou á súa idade. O audio (a voz en off que narra o guión) tamén podería ser grabada polo alumnado, de esta maneira algúns dibuxarían mentres outros falarían.  O guión, neste caso, adaptouse aos 3 minutos que dura o vídeo, pero sempre se podería acurtar ou alongar, dependendo da duración que desexemos para o resultado final. Dende o noso punto de vista, unha das vantaxes que presenta o noso proxecto é que só se precisa como material: unha pizarra blanca e rotuladores, xunto cunha cámara e trípode. A iluminación adecuada pódese acadar empregando dous fo...