Que fai ao noso póster tan especial? O noso póster é novidoso porque incopora elementos dixitais e interactivos que non se atoparían nun cartel tradicional. O fondo e tódolos elementos están persoalizados, e se o alumno clica nos aros olímpicos accederá aos xogos dixitais relacionados có tema. Os vídeos tamén poderán ser visualizados clicando na miniatura que atopará no cartel. Cómpre destacar que o póster está moi ben organizado e a visualización dos recursos é moi sinxela e rápida . Cando atopamos os pósters do ano pasado, observamos que algúns tiñan demasiada imformación visual: vídeos, gifs, enlaces, imaxes... e ademáis de dar a sensación de ser caótico e complexo, non era visualmente agradable e atractivo. Agregar un título de AlbBeNaAnaJa
Comentarios
Publicar un comentario