Reflexión proxecto audiovisual

PROXECTO AUDIOVISUAL: 

Curiosidades e lendas da Antiga Grecia


A nosa proposta é un vídeo divulgativo onde explicamos curiosidades e lendas da Antiga Grecia mentres se ilustran con debuxos en timelapse. 

O proxecto consistiría en que os debuxos foran realizados polo alumnado, a duración e a dificultade dos mesmos pódese adaptar ás súas aptitudes ou á súa idade. O audio (a voz en off que narra o guión) tamén podería ser grabada polo alumnado, de esta maneira algúns dibuxarían mentres outros falarían. 

O guión, neste caso, adaptouse aos 3 minutos que dura o vídeo, pero sempre se podería acurtar ou alongar, dependendo da duración que desexemos para o resultado final. Dende o noso punto de vista, unha das vantaxes que presenta o noso proxecto é que só se precisa como material: unha pizarra blanca e rotuladores, xunto cunha cámara e trípode. A iluminación adecuada pódese acadar empregando dous focos a 45º da pizarra, para intentar que as sombras non entorpezan a imaxe. Outra grande vantaxe é que os alumnos/as non teñen que mostrar a cara, o cal sería moi positivo en caso de que quixeramos proxectalo noutras escolas ou subilo a algunha plataforma dixital.

COMO SE LEVARÁ A CABO

A idea para traballar na aula consistiría en 3 pasos:

1- Amósase o vídeo realizado polo profesorado ou por alumnos de outra clase
2- Explícase ao alumnado como foi realizado, e dividimos a clase en 2 grupos: os que lerán e os que debuxaran. Antes de ler ou debuxar, practicaremos na clase, xa que canto mellorsalga na primeira toma, máis sinxelo será gravar.
3- Grávanse os audios e os vídeos por separado. Neste caso o material foi editado con Adobe Premiere, pero pode empregarse calquera programa de edición. A edición de vídeo será realizada polo mestre/a, o alumnado de 3º de Primaria aínda é moi cativo para manexar este programa. En caso de que o profesorado desexe que o alumno/a participe na edición, podrá ensinar ó alumnado a manexar algún prgrama máis sinxelo e intuitivo, pero requerirá máis tempo.


OS OBXECTIVOS

Os obxectivos serán provocar interese no alumnado respecto ó tema que están tratando transversalmente en tódalas materias: A cultura da Antiga Gregia e os Xogos Olímpicos. Tamén aprenderán a empregar a cámara e o trípode (dunha maneira moi básica, por suposto) e mellorarán ás súas aptitudes de lectura en voz alta e debuxo.

Unha vez que o vídeo esté subido a algunha plataforma, poderán ensinar ás súas familias o bonito proxecto que realizaron na aula.
Student Council Poster de AlbBeNaAnaJa

Comentarios

Entradas populares de este blog

Webquest

Proxecto final

O Noso Póster