Por que escollimos un e-book como proxecto? Gustounos moito a idea de xuntar todos os nosos recursos nun formato que puidera ser realmente empregable na aula, e un libro parecía a maneira máis sinxela e efectiva de plasmar tódalas actividades e ideas dunha forma moi visual e atractiva. Aínda así, tentamos realizar un libro que escapara do convencional con moito texto. Neste caso o texto é algo secundario, as imaxes e os vídeos adoptan un papel máis principal. Tamén engadimos elementos diferenciadores como vídeos e gifs que o alumnado non podería visualizar nun libro tradicional impreso. Gustaríanis sinalar que, aínda que nos plantexamos crear un recurso para usar na pizarra dixital (PDI), votounos para atrás a idea de que na pizarra non se pode traballar en grupo e ademáis o alumnado non podería empregalo na casa. Desta maneira combinamos exercicios individuais, traballo colaborativo e tamén práctica na casa. E falando das actividades, non todas requiren traballo es...
Comentarios
Publicar un comentario