Reflexións teóricas
Expectativas
Alba: As expectativas que teño sobre esta materia non están moi claras, xa que non sei exactamente o que traballaremos, pero paréceme que vai ser bastante interesante traballala xa que os nenos empregan moito a tecnoloxía. Os medos que teño sobre a asignatura son non estar a altura da esixencia académica e ser unha completa ignorante das tecnoloxías así que o único que espero é que esta materia me sirva para aproveitar ben o recurso das TIC.
Javi: No referente as espectativas que teño sobre esta asignatura, non van mais alo do implícito ao seu nome. A pesar disto, chamame a atencion a súa relación coas novas tecnoloxías xa que é algo que me gusta moito e que é de grande importancia para a figura do/a educador/a xa que permitirálle acceder a infinitos recursos didácticos no seu día a día.
Anahí: As miñas expectativas son moi elevadas para esta materia, paréceme fundamental, xa que as TIC están presentes en tódolos ámbitos da educación. As miñas inquedanzas por esta materia son o meu descoñecemento destes ámbitos, excepto nos aspectos artísticos. Por agora, a primeira clase pareceume totalmente dinámica e moi instructiva, xa que a creación deste blog foi algo que nunca fixera. O cambio de mestra en medio do cuatrimestre pode ser intereante para coñecer outra perspectiva.
Beatriz: As miñas expectativas respecto a esta materia, non son claras, xa que aínda non sei como será a materia en concreto, pero penso que é necesaria para a nosa formación, xa que vai depender moito das tecnoloxías.
Naiara: As miñas expectativas desta materia son positivas e a mesma vez non moi claras xa que aínda non sei as orientacións da materia. Pois ben as TIC son fundamentais e tódolos ámbitos da educación e por elo como futuros docentes debemos aprender a navegar nas redes,a innovar ca tecnoloxía…O que quizáis me asuste un pouco da materia é o feito de non alcanzar os obxetivos que esta require xa que non son moi dada as tecnoloxías mais espero aprender moitísimas cousas.
Comentarios
Publicar un comentario